Lousame aproba unha actualización da taxa do lixo para garantir o equilibrio do servizo

07 Novembro 2025

O Concello de Lousame celebrou pleno extraordinario e urxente no que se aprobou a actualización da taxa de residuos pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo municipal. A medida chega un día despois da celebración da Asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza, na que se aprobaron os orzamentos para 2025, e ten como obxectivo que a nova taxa entre en vigor o 1 de xaneiro de 2026.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, explicou que a actualización é necesaria para facer fronte ao déficit acumulado na liquidación de 2023, que ascende a 164.000 euros. “O recadado pola taxa do lixo non chegaba a cubrir esta cantidade”, sinalou o rexedor, quen lembrou ademais que o Concello mantén recorridas xudicialmente as cotas de 2024 impostas pola Mancomunidade Serra do Barbanza. O motivo, segundo apuntou, é que estas se basean en criterios “non recollidos nos estatutos da entidade”.

Ares tamén recordou que votou en contra das novas cotas de 2025 na xunta directiva da Mancomunidade celebrada o pasado 28 de outubro, “xa que non se acreditou a procedencia do incremento dos gastos imputados ao servizo”.

A pesar diso, o alcalde admitiu que “non é agradable para alguén que asumiu a alcaldía hai un mes ter que aprobar esta medida, pero a lei é a lei e temos que paliar esa parte que non se cubre coas cotas de 2023 para que o custe do servizo poida ser cuberto coas taxas”.

A proposta foi aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais. Na práctica, a actualización suporá un incremento de 40 euros por vivenda a partir de 2026, repartidos en dous recibos semestrais de 20 euros cada un.

Finalmente, Ares adiantou que o goberno local xa está a traballar nos orzamentos municipais de 2026, coa intención de levalos a Pleno “en breve” para que poidan entrar en vigor ao longo do mes de xaneiro.

Outros artigos

Sábado 15, ceos mais cubertos no interior e máis despexados na costa

A xornada deste sábado 15 de agosto, solemnidade da Asunción da Virxe María, traerá un tempo de marcados contrastes á área de Santiago de Compostela e á comarca das Rías Baixas. Mentres que o interior e o norte acusarán o paso dunha fronte con nubosidade a primeiras...

+

Activo un incendio forestal na parroquia de Lesende, en Lousame

O lume orixinouse pasadas as 17:30 horas deste venres e polo de agora descoñécese a superficie provisional afectada. Medio Rural mobilizou un amplo despregamento con catro avións, nove helicópteros e trece brigadas. A.C. Bombeiros Boiro Os servizos de extinción...

+

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.