Lorena de Merlo expón dende este venres a mostra fotográfica “aMar” en Rianxo

21 Novembro 2025

No marco da VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo que este ano se celebra en Rianxo, e co gallo do Día Mundial da Pesca, este venres 21 de novembro celebrarase a apertura da exposición fotográfica aMar de Lorena do Merlo, fotógrafa de Boqueixón afincada no Barbanza (en Aguiera, Porto do Son).

A través dunha escolma de 40 imaxes, a autora rende unha homenaxe visual á dignidade do traballo no mar, á beleza dura da rutina e á forza da colectividade mariñeira.

A exposición poderase visitar no Auditorio de Rianxo ata o 14 de decembro.

A mostra inclúe imaxes en branco e negro e en cor, realizadas cunha cámara Canon Mark IV e unha Canon R6, que recollen con diferentes ópticas o mundo da pesca e o lado humano que hai detrás dos profesionais que protagonizan a actividade pesqueira do municipio. Ademais, conta coa proxección dun documental que aborda os naufraxios dos cerqueiros Divina del Mar e Sempre Güeto acontecido no ano 2021.

Outros artigos

Belén do Campo comproba o funcionamento da nova varredora do Son

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinaron a acta de comprobación material do investimento da nova máquina varredora destinada a reforzar os labores de limpeza e recollida de residuos nas vías públicas do municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

Me gustaría, que las palabras fuesen sonoras, es decir que no las pronuncies con tu voz, que las lean tus ojos, y ellas explosionen como un parto y salgan a la vida, que sean sonoras, que hablen, que te hablen a ti en exclusiva. En el silencio se reflejan en tus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.