Inés Mosquera Calvo gaña o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

21 Novembro 2025

A poeta padronesa Inés Mosquera Calvo foi recoñecida co XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón pola súa obra Upupú, presentada baixo o lema A ditadura da bubela. O fallo do xurado tivo lugar hoxe nun acto celebrado polo Concello de Dodro, entidade convocante do certame, coordinado pola poeta Silvia Penas.

O xurado, composto por María Lado Lariño, Noelia Gómez Calvo e Miguel Cavadas Docampo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, escolleu por maioría a obra de Mosquera entre 42 candidaturas presentadas. Na acta destacouse a forza poética do texto, construído “entre o poema e o corpo dun paxaro”, cun estilo marcado pola linguaxe animal, a axilidade e o instinto. Upupú divídese en cinco partes e contén citas de poetas —maioritariamente mulleres— que acompañan a voz da autora nun voo lírico e rebelde.

A obra aborda temas como a dor, a enfermidade, a vergonza e a liberdade, cun ton desafiante e íntimo. “Lonxe de ser miña ruliña/ son bubela”, escribe Mosquera, quen reivindica o dereito a ser “mala muller, mala filla, mala amante”.

Nacida en Carcacía (Padrón) en 1992, Inés Mosquera é graduada en Educación Primaria e ten un mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Actualmente traballa como tradutora e iniciou a súa traxectoria poética en 2022 coa publicación de Papulas Amarelas. En 2023 publicou Nonmesquezas e participou en volumes colectivos como Dorna ou Domingo das Mozas.

O

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.