O Concello de Lousame eliminará as achegas aos grupos políticos municipais nos orzamentos de 2026

28 Novembro 2025

O Concello de Lousame elimina as achegas aos grupos políticos municipais. Así o anunciou o alcalde, Esteban Ares García, no pleno ordinario celebrado na noite deste xoves 27 de novembro no que explicou que “para min estas achegas aos grupos políticos municipais, tal e como temos as bases de execución dos orzamentos e os criterios que hai que seguir para xustificalos, considero que son unha fonte de problemas para todo o mundo. E no momento no que estamos e no contexto que nos rodea, eu xa lles adianto que nos Orzamentos de 2026 o Concello de Lousame vai eliminar as achegas aos grupos políticos municipais”.

Esteban Ares explicou que esta medida “vaise traer a este pleno cos orzamentos, pero esa partida eliminarase porque considero que é unha fonte de problemas e é tamén unha forma de ser máis transparente e evitar problemas de cara ao futuro tal e como vemos noutros sitios”. De feito, o alcalde fixo o anuncio durante a aprobación da xustificación das achegas dos grupos políticos municipais dos anos 2023 e 2024 e despois de que “todas as facturas non xustificadas xa foran reintegradas, tanto do grupo socialista como do grupo mixto”.

Explicou que “co reintegro desas facturas non xustificadas inicialmente, e que motivaran a interposición de reparos por parte da Intervención Municipal, eses reparos decaeron e a conta xustificativa quedou a cero”. Deste xeito, a xustificación das achegas aos grupos políticos municipais dos anos 2023 e 2024 foi aprobada por unanimidade e sen debate, xa que ningún dos grupos da oposición quixo tomar a palabra nin sobre a aprobación da xustificación nin sobre o anuncio da eliminación das achegas aos grupos políticos municipais a partir de 2026.

Resto da sesión

Esa mesma unanimidade e ausencia de debate mantívose no resto da sesión, na que se aprobou a bonificación do 95% do IBI para aqueles inmóbeis nos que se desenvolven actividades agrogandeiras do sector primario e unha modificación de crédito de 51.611 euros, por transferencia de créditos entre distintas aplicacións orzamentarias, para o pago de facturas. A sesión comezou coa lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero, lido pola concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.