Este venres inaugúrase a mostra “Alcogravado” no Museo do Gravado de Artes

18 Novembro 2025

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira), inaugura este venres 21 a exposición Alcogravado, ás 20.30 h na sala 0 do Museo do Gravado.

Segundo adianta a dirección do Museo, “a exposición que imos inaugurar non é só unha galería de estampas de diversos artistas, pois aínda sendo iso tamén, é o produto de tres obradoiros de gravado realizados na institución sobre a técnica do alcogravado, o que nos quere dicir que o Museo é moito máis que un lugar de custodia e exposición de estampas, mais tamén un espazo para a creación de novas obras, que se crean e se estampan nel; e é un lugar para que os artistas experimenten con novas, e anovadoras, técnicas no mundo do gravado, que fornecen o creador no seu labor e o instrúen no que descoñecen para dotar a súa obra de novas visións e experiencias”.

O obxectivo é consolidar o labor do Museo a prol da creación e a aprendizaxe, converténdose “nun museo vivo, recreador e anovador”.

Explican que este traballo pedagóxico “é posíbel dende hai varios anos mercé á colaboración coa Universidade de Salamanca e o Instituto Universitario de Investigación en Arte e Tecnoloxía desa institución e ao catedrático de Gravado José Fuentes e o equipo que o acompaña, Antonio Navarro e Isabel Carralero, tamén profesores e gravadores”.

Nesta ocasión, os tres cursos que deron como froito esta exposición xiraron arredor da técnica que impartiu José Fuentes, o descubridor desta nova técnica en 1984, a técnica de gravado en metal con mordente, é dicir, o alcogravado, que foi base da súa tese doutoral defendida na universidade en 1986. A técnica ten algúns aspectos que lle dan singularidade e que o profesor Fuentes explica polo miúdo: é a única técnica sobre metal que permite o avance e o retroceso na creación da imaxe, mesmo despois do lacado. A isto suma o alcogravado o carácter gráfico singular entre as técnicas da estampa tradicional: o carácter modular e tonal do interior dos riscos ou manchas trazadas, é, ademais, a pincelada tridimensional con efectos ópticos de espacialidade e unha potente sensación dese espazo.

Participan nesta exposición 38 obras dos artistas que citamos a continuación: Carmen Alonso, María Baamonde, Alejandro Bovillo, Sonia Cabello, Mercedes Calderón, Yolanda Carbajales, Fernando Carballa, Isabel Carralero, Dolores Cela, Alberto García, Rafa Gómez, Ramón Grau, Maite Janeiro, Imma Jiménez, Pepe Lijó, Aida López, María Teresa López, Meis, Encarna Méndez, Mar Mendoza, Mónica Montero, Antonio Navarro, Nuria Pena, Alberto Pena, Antonio Pérez, Sandra Ramos, Concha Redondo, Rosa Rico, Ester Rincón-Benzalá, Delio Rivadulla, Ana R. Barbará, Lucía Romes, Pastor Rodríguez, Isabel Somoza, Olga Tenorio, Andrés Touceda, Mariña Vázquez e Néstor Vega.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...