Entra na súa recta final o prazo de inscrición do PIE de emprego de Rianxo, Boiro e A Pobra

26 Novembro 2025

Estes días do remate de novembro entra na recta final o prazo de inscrición para o Programa Integrado de Emprego de Rianxo, Boiro e A Pobra, destinado a 100 persoas desempregadas da comarca do Barbanza e co obxectivo de formalas dixitalmente para favorecer a súa inserción laboral. A información e as inscricións están dispoñíbeis no enderezo electrónico emprego@boiro.gal ou a través dos números de teléfono 659 247 963 e 650 042 409.

Trátase dun programa que os tres concellos levan a cabo de forma conxunta co obxectivo de “lograr unha maior empregabilidade na comarca”. Segundo indicaron, baséase nunha metodoloxía innovadora onde as persoas usuarias son protagonistas da súa propia transición profesional con formación avanzada, emprego de tecnoloxías e plataformas dixitais, colaboración directa con empresas e adaptación do programa a necesidades locais e sectores da comarca.

O enfoque para o novo curso é “dunha renovación case total das actividades formativas co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades e demandas das empresas da zona”, explicaron, engadindo que coa dita finalidade achegaranse formacións como acompañamento en transporte escolar, organización de almacén, operacións básicas de caixa, técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos, xestión de recepción, cociña, pastelería, peixaría, charcutaría… Ademais contará con formación adaptada ao manexo de novas tecnoloxías como Office, iniciación á creación de páxinas web, sinatura dixital, chatGPT e Intelixencia Artificial…

O programa terá unha duración de 12 meses e poderán participar 100 mulleres e homes desempregados e inscritos como demandantes de emprego. Coma noutras edicións poñeranse a disposición das persoas usuarias servizos de conciliación, adaptación de horarios e tamén formación online para aumentar as posibilidades de interacción e participación.

Para levar a cabo este Programa Integrado de Emprego durante o curso 2025-2026, os concellos reciben unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por importe de 220.000,00 euros.

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra rematouno mes de setembro cunha inserción laboral de 60 das persoas participantes nos principais sectores produtivos da comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.