En Porto do Son clausurado un curso de competencias dixitais con 200 horas de formación

21 Novembro 2025

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, participou na tarde deste xoves 20 de novembro na clausura do curso de formación en competencias dixitais para persoas de Porto do Son inscritas como demandantes de emprego.

Durante o acto fíxose entrega dun título oficial acreditativo a todas as persoas que remataron o curso, que contou con 200 horas de formación.

Ao longo dos últimos meses, as persoas participantes formáronse en busca e xestión da información dixital, creación de contidos dixitais, comunicación e colaboración con ferramentas dixitais, resolución de problemas no entorno dixital e seguridade e civismo neste mesmo eido.

O rexedor puxo en valor a importancia da formación dixital como ferramenta clave para a posíbel inserción laboral nun mercado cada vez máis tecnificado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.