En Bretal un condutor ebrio fuxe da Policía Local e empótrase contra un muro de pedra

20 Novembro 2025

Durante a noite do martes 18 de novembro, axentes de garda da Policía Local de Ribeira, recibiron aviso dunha posíbel condución baixo os efectos do alcol, por parte dunha persoa que se dispuña a coller o seu vehículo particular, no lugar de Bretal da parroquia de Olveira.

En resposta ao aviso, os axentes acudiron ao lugar e grazas á colaboración cidadá localizaron ao condutor, dándolle o alto. Lonxe de deterse, esta persoa emprendeu a fuxida ata chocar contra un muro de pedra, quedando encaixado sen posibilidade de continuar.

Os axentes explicaron que “o condutor presentaba claros signos de atoparse baixo a influencia do alcol, polo que foi requirido para realizar as probas de detección regulamentarias, arroxando unha taxa de delito”.

Por tales feitos deberá asistir o vindeiro martes 25 de novembro, como investigado por un posíbel delito contra a seguridade viaria, a un xuízo rápido, por superar a taxa obxectiva de 0,60 mg/l, a cal delimita a infracción administrativa da infracción penal, coa circunstancia agravante de emprender a fuxida, ignorando as sinais de detención dos axentes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.