En Boiro a Corporación acorda incrementar os recursos contra a violencia machista e afrontar a 3ª fase do saneamento da conca do Coroño

28 Novembro 2025

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 27 o pleno ordinario da Corporación local correspondente ao mes de novembro. A sesión contou coa ausencia dunha concelleira do Partido Popular e unha concelleira do Bloque Nacionalista Galego polo que o total de membros da corporación foi de 15. Como de costume, a sesión pode visualizarse íntegra a través da canle de Youtube do Concello de Boiro. O pleno saldouse con acordos relevantes, como a aprobación do regulamento do funcionamento e réxime interno do coworking e viveiro Lab Barbanza ou unha medida proposta polo BNG para incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista (con motivo do pasado 25N). Tamén foi aprobada (por unanimidade) a moción de Boiro Novo para completar o saneamento da conca do Coroño, proposta da que falamos este xoves dende este mesmo medio.

Aprobación da acta da sesión do 23/10/2025 – aprobación con 11 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 4 abstencións (PP).

Aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal nº28 reguladora da piscina municipal – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 6 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

Aprobación inicial do regulamento de funcionamento e réxime interno do coworking e do viveiro de empresas Lab Barbanza do Concello de Boiro – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP e BNG).

Moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista – aprobación con 11 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 4 abstencións (PP).

Moción presentada polo grupo municipal de Boiro Novo para completar a terceira fase do saneamento de Coroño – aprobación con 15 votos a favor (unanimidade).

Moción presentada polo grupo municipal do PP para a modificación da ordenanza fiscal reguladores do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) – rexeitada con 6 votos a favor (PP, BNG e Boiro Novo) e 9 votos en contra (PSOE).

Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao canon da auga recadado por Augas de Galicia – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo), 4 votos en contra (PP) e 1 abstención (BNG).

    Outros artigos

    Publicidade

    PEL

    Revista en papel

    Opinión

    “Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

    “Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

    Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.