
A agrupación Boiro Novo emitiu un comunicado sobre o proxecto de saneamento da conca do río Coroño, lembrando que “debido á falta de fondos o proxecto de saneamento para Cures que presentara o Goberno hai un ano quedou finalmente en papel mollado”. Por iso, dende Boiro Novo presentan unha moción para que “esta infraestrutura, tan necesaria, non quede coma tantas outras promesas deste goberno esquecida nun caixón”.
Ademais reclaman que se dea unha solución que conte con todas as aldeas afectadas e “non unicamente con unha parte de elas, como propoñía o PSOE no seu proxecto no que se esquecía de Pomar do Río, Enseño e Loxo”. E engaden: “Exiximos que se fale previamente coa veciñanza antes de escoller tanto as infraestruturas que se empregarán para o saneamento, como o emprazamento das mesmas; de xeito que cause o menor impacto, non só medioambiental, senón tamén visual así coma o menor prexuízo para os propietarios dos terreos que poidan estar afectados”.



