Elisardo de la Cruz e Empatía Teatro levan a Muros (este sábado) un dos grandes éxitos do teatro recente: “Esas cousas marabillosas”

14 Novembro 2025

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa coa súa programación de outono-inverno coa representación da peza Esas cousas marabillosas, da compañía Empatía Teatro, o sábado 15 de novembro ás 20:30 h.

Protagonizada por Elisardo de la Cruz, esta obra converteuse nun fenómeno teatral internacional, con representacións en cidades como Londres, Nova York, Bruxelas, San Xoán de Porto Rico, Maryland, Oregon e Canadá, e con tres anos consecutivos de éxito no Festival de Edimburgo, onde esgotou todas as entradas. En España, máis de 25.000 espectadores xa gozaron desta historia, tamén con funcións esgotadas en Madrid e Barcelona.

Baseada no texto do dramaturgo Duncan MacMillan, Esas cousas marabillosas é unha comedia tenra e emocional sobre a depresión, o amor e a esperanza. O protagonista, un neno de sete anos, comeza a facer unha lista de todo aquilo que fai que a vida valla a pena —os xeados, as guerras de auga, o primeiro baño do verán…— para animar á súa nai, que está a pasar por un momento difícil. A través do humor e da complicidade co público, o espectáculo constrúe unha historia chea de vida e humanidade.

A concelleira de Cultura, Caridad González, sinalou que “esta é unha obra que emociona e fai reflexionar, unha experiencia que conxuga teatro e vida real cunha sinxeleza e unha forza pouco comúns. Dende o Concello seguimos apostando por traer espectáculos que conecten co público e que nos fagan pensar e sentir”.

Sábado, 15 de novembro ás 20:30 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Entrada: 3 € | Público adulto (+12 anos)
Entradas dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.