Detido en Ribeira un home acusado de acoitelar o seu pai, que está en estado crítico

01 Novembro 2025

Un home, maior de idade, permanece detido na comisaría da Policía Nacional de Ribeira acusado de acoitelar o seu pai en varias partes do corpo e deixalo ferido de gravidade. A agresión tivo lugar de Vixán na parroquia de Carreira e rematou na rúa tras unha forte discusión familiar.

A Policía Nacional detivo este sábado a un home, maior de idade, acusado de acoitelar o seu pai e causarlle feridas de gravidade nun suceso ocorrido na parroquia de Carreira, no concello de Ribeira.

TVG

Os feitos producíronse pouco despois das dúas e media da tarde no lugar de Vixán. Segundo fontes próximas á investigación, a agresión comezou no interior da vivenda familiar e acabou na vía pública, onde varios veciños alertaron aos servizos de emerxencias.

Ao parecer, pai e fillo mantiveron unha forte discusión por un conflito antigo, que acabou derivando na agresión. O mozo foi detido nas inmediacións do lugar dos feitos e permanece nas dependencias da Comisaría de Ribeira á espera de pasar a disposición xudicial.

A vítima, que perdeu unha gran cantidade de sangue, foi trasladada inicialmente ao Hospital do Barbanza e, posteriormente, ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, onde continúa en estado crítico.

Durante a tarde, axentes da Policía Científica recolleron probas no lugar para determinar as circunstancias exactas do suceso, mentres que a Policía Local colaborou no dispositivo de seguridade e control da zona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.