David Amor presentará a Gala dos Premios ABE 2025, que renderá homenaxe ás empresas de Boiro

07 Novembro 2025

A só unha semana da celebración da Gala dos Premios ABE 2025, a Asociación Boirense de Empresas vén de anunciar algunhas das novidades que acompañarán esta edición, que se celebrará o venres 14 de novembro a partir das 20.30 h na Pousada da Galiza Imaxinaria. O evento contará coa presenza dun presentador de luxo: o actor, humorista e presentador de televisión David Amor, coñecido polo seu paso por series e programas de éxito, e recentemente participante en MasterChef Celebrity. “A súa presenza achegará humor, dinamismo e complicidade a unha gala que busca, ano tras ano, poñer en valor o esforzo e talento do tecido empresarial de Boiro”, avanzaron dende a ABE.

A noite incluirá tamén animación musical en directo co set en vinilo de Pidechas o Corpo, formado por Fragabuqui e Wanda Buluba, dúas auténticas namoradas do acetato e do baile. Desde que uniron forzas en 2017 veñen animando guateques e romarías con batallas musicais cheas de temazos (do punk ao yeyé) coa súa única teima: facer mover os pés.

Nesta edición, a ABE distinguirá ás seguintes empresas e profesionais:

Mellor comercio: Librería El cisne

Mellor empresa: Bar os Fornos

Premio de Honra ABE 2025: José Ramón Outeiral Lapido, pola súa traxectoria á fronte do Grupo Outeiral, referente no sector do transporte de viaxeiros con máis de 75 anos de historia.

Como novidade, a entrada será este ano física e exclusiva para socios e socias da ABE e convidados e entre todas as persoas asistentes sortearase un bono de 100 euros para consumir en negocios asociados.

A Gala dos Premios ABE “converterase unha vez máis nun punto de encontro para o empresariado local, combinando recoñecemento, humor e música nunha noite especial para celebrar o dinamismo e a unión do comercio e das empresas de Boiro”, sinalou a ABE.

“Esta gala é unha festa para todo o tecido empresarial de Boiro, unha maneira de recoñecer o esforzo diario de quen fai posible que a nosa economía local siga medrando e innovando”, destacou Daniel García, presidente da Asociación Boirense de Empresas.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...