Este venres 28 de novembro imos ter teatro familiar para a rapazada en Boiro. Estamos a falar da representación de TIN, unha peza de teatro circense de Dani García que xunta elementos de maxia para pequenos e tamén para grandes. Será no Centro Social de Abanqueiro ás 20.00 horas, con venda de entradas na billeteira dende unha hora antes da función. O elenco está formado por Dani García e conta na dirección con Natalia Outeiro, “Pajarito”.
Sinopse
Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer, e perdido no presente, no eiquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de linguas.
Non hai imposíbeis que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo.
TIN é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.




