Curso gratuíto sobre técnicas de aproveitamento resineiro en Rianxo

12 Novembro 2025

A iniciativa, coordinada polo Concello no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, ofrece formación teórico-práctica sobre a xestión sostible dos recursos forestais.


O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza un curso gratuíto sobre técnicas de aproveitamento resineiro, dirixido a persoas interesadas no emprendemento e na diversificación de actividades vinculadas ao monte.

Esta acción formativa, financiada con fondos europeos a través da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O curso desenvolverase no Local da Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son) entre o 19 de novembro e o 19 de decembro de 2025, en horario de martes a venres, de 9.30 a 13.30 horas. A formación terá unha duración total de 60 horas teórico-prácticas.

Contidos e obxectivos

O programa abordará o marco legal e os requisitos da actividade resineira, así como as técnicas de extracción da resina, a seguridade e saúde laboral, e os aspectos económicos e de comercialización deste recurso natural.

O obxectivo é fomentar o aproveitamento sostible do monte e ofrecer novas oportunidades de diversificación económica nas zonas rurais, promovendo á vez a xestión responsable dos ecosistemas forestais.

As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información a través do correo electrónico medioambiente@concelloderianxo.gal ou chamando ao teléfono 981 86 08 08 (en horario de mañá).

Laboratorio Ecosocial do Barbanza

Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto que busca impulsar a sustentabilidade ambiental e fortalecer a resiliencia territorial nos montes do Barbanza, promovendo unha xestión máis equilibrada e respectuosa cos recursos naturais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.