Cubertas as prazas para as categorías absolutas da Sin-Son 10K

19 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son confirmou esta semana que xa están cubertas todas as prazas para a Sin-Son 10K edición 2025, categorías absolutas, reputada carreira que discorre ao carón do mar en territorio sonense entre as vilas de Portosín e Porto do Son.

Porén, este martes aínda están dispoñíbeis as últimas prazas para as categorías escolares.

Este ano a carreira volve baixo o lema Corremos mirando ao mar. As citas claves da proba serán o 21 de decembro, data na que está fixada a proba absoluta, e o 20 de decembro, día no que está previsto que se celebre a Sin-Son para a rapazada.

Polo tanto, a carreira vén con dúas grandes vertentes:

–Sin-Son 10 K, o domingo 21 de decembro a partir das 11:00h.

A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de Portosín e Porto do Son. A proba estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A proba absoluta 10K, ten un límite de 1.500 participantes.

–Xornada previa probas escolares, o sábado día 20 de decembro a partir das 17.00 horas

As carreiras escolares disputaranse na localidade de Portosín o sábado día 20 de decembro, a partir das 17:00 h. Haberá un límite de 500 participantes e a proba para a rapazada será de balde.

Celebrase na localidade de Portosín saída e meta estará na zona portuaria.

Éxito da anterior edición

A pasada edición da Sin-Son 10k 2024 pechouse sendo todo un éxito, onde volveu colgar o cartel de completo e na que Adrián Ben e Edymar Brea alzáronse coa vitoria, na categoría masculina e feminina, respectivamente. 

A proba celebrada o pasado decembro acolleu a máis de 1.500 corredores/as e onde o padriño da cita foi o propio Adrián Ben, campión europeo de atletismo en pista cuberta e diploma olímpico, que foi ademais o atleta triunfador da proba ao cruzar a liña de meta en primeiro lugar parando o crono en 29:37’.

A Sin-Son 10k conta cun elenco de atletas convidadas/os que participaron en anteriores edicións entre os que figuran nomes tan ilustres como Martín Fiz; Solange Pereira; Chema Martínez; Esther Navarrete ou Iván Raña.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou (coincidindo coa apertura das inscricións da edición 2025) que “confiamos en que esta nova edición volva ter unha gran acollida como todas as edicións anteriores. A Sin-Son é moito máis que un evento deportivo. É unha cita cultural, gastronómica e dinamizadora que evoluciona cada ano. Estamos moi contentos e orgullosos de poder ter na nosa vila esta proba que é un auténtico referente para todo tipo de corredores e un gran escaparate para Porto do Son”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.