“Control do gasto sanitario” – José Manuel Pena

26 Novembro 2025

O crecemento do gasto sanitario nas últimas décadas é un fenómeno compartido polas principais economías do mundo, especialmente as desenvolvidas, aínda que tamén o experimentaron os países en vías de desenvolvemento e os emerxentes.

Entre as razóns que poden explicar este incremento do gasto sanitario pódense citar a prioridade que para os cidadáns dos países industrializados supón o gozar dunha boa saúde; o continuo desenvolvemento de novas tecnoloxías sanitarias e farmacéuticas cada vez máis efectivas pero tamén máis custosas; o crecemento da poboación (aspecto moi importante en España, debido ao aumento recente da inmigración) así como o envellecemento da poboación, xa que as persoas maiores fan un maior uso dos recursos sanitarios, tanto maior canto máis avanzada é a súa idade.

Durante centos de anos os homes viñeron actuando na insólita confianza de que os recursos da terra fosen ilimitados e coma se as solucións aos problemas de mañá fosen unha cuestión que debe plantarse entón e non antes. Afortunadamente, desde hai unhas poucas décadas, moi lentamente e non sen resistencias, o concepto de sustentabilidade vén filtrándose no ámbito das ciencias sociais e calando nos idearios dos dirixentes políticos, asumíndose aos poucos que o futuro nos demanda moitas responsabilidades no presente.

Todos os individuos queren máis vida e máis saúde por tanto hai que entender que o custo deste lexítimo dereito probablemente vai seguir crecendo nos próximos anos de aí a importancia da sustentabilidade, a boa xestión e o control do gasto sanitario se de verdade queremos seguir garantindo un dereito universal como sucede en España que ademais é un exemplo para o resto do mundo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...