CONGALSA fortalece a súa relación co Club de Remo Náutico de Ribeira

01 Novembro 2025

A firma da nosa comarca CONGALSA é un referente galego, estatal e internacional en alimentación sustentábel con produtos de mar, pero tamén é un modelo en materia de responsabilidade social corporativa. Seguindo este fío, vén de anunciar que vai fortalecer a súa relación co Club de Remo Náutico de Ribeira (Club de Remo Náutico de Riveira).

Ambas as organizacións manteñen unha estreita colaboración desde o ano 2020, cando CONGALSA comezou a patrocinar a actividade da entidade deportiva. Para visibilizar este apoio, a directora de Relacións Externas de Congalsa, Isabel Cañas, mantivo unha reunión co presidente do Club, Jesús Silva, no cargo desde 2013. No encontro, Cañas coñeceu de primeira man as citas deportivas nas que compite o club e puido charlar con algúns dos seus integrantes, incluídos os máis pequenos.

Lembrou que a empresa de alimentación, con sede na Pobra do Caramiñal singularízase polo seu apoio a diferentes entidades que promoven o deporte base na comarca do Barbanza: “En CONGALSA cremos que a actividade deportiva debe ser coidada, porque representa ilusión, compromiso e ganas de mellorar cada día”, salientou Cañas durante o encontro, poñendo o foco en “que os valores que promove o deporte conflúen cos corporativos de CONGALSA”.

“Cando vemos —coma hoxe— aos máis pequenos ilusionados coa práctica do remo, non podemos senón recoñecer neles a mesma enerxía que move á nosa empresa”, engadiu.

Forxar un futuro sólido

Con iniciativas como esta, CONGALSA reafirma o seu compromiso coa contorna no que desenvolve a súa actividade, impulsando proxectos que xeran valor social e contribúen a forxar un futuro máis sólido para a comarca do Barbanza.

Co encontro con responsábeis do Club de Remo Naútico de Ribeira, a firma especializada en solucións de alimentación continúa tendendo pontes entre a empresa e a sociedade. “Estamos convencidos de que o mañá se constrúe con colaboración, compromiso e coa man tendida a iniciativas como as que desenvolve este Club”, concluíu Cañas.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.