Chega a Santiago a primeira peza esencial do acelerador de protóns contra o cancro para o seu centro público de protonterapia

22 Novembro 2025

Permitirá poñer en marcha no hospital clínico o primeiro centro de protonterapia da sanidade pública española

TVG

Un dos compoñentes esenciais do acelerador de protóns que permitirá poñer en marcha en Galicia o primeiro centro de protonterapia da sanidade pública española xa se atopa no Hospital Clínico Universitario de Santiago. A peza, de 25 toneladas de peso, chegou este venres ao porto de Vigo e foi trasladada nun vehículo especial ata Compostela.

Segundo informou a Xunta, nos vindeiros días está previsto que cheguen o resto dos elementos do sistema, que posteriormente serán instalados nun proceso complexo e altamente especializado.

O equipo, denominado Proteus One e financiado pola Fundación Amancio Ortega, é considerado un dos dispositivos máis avanzados e precisos para o tratamento do cancro. A súa tecnoloxía permite actuar con precisión submilimétrica sobre tumores sólidos situados preto de órganos críticos, administrando radiación directamente na zona afectada e minimizando os efectos secundarios sobre os tecidos sans.

O Executivo autonómico prevé que os primeiros pacientes oncolóxicos —procedentes de Galicia, Castela e León, Asturias e o norte de Portugal— poidan ser tratados con esta técnica a finais do vindeiro ano.

A infraestrutura está cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Galicia Feder 2021-2027, e a Xunta inviste case 20 millóns de euros na execución das obras do centro, que contará con equipamento achegado pola Fundación Amancio Ortega.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.