“Catro ángulos para o cadro musical da España dos anos 60” – Antón Luaces

12 Novembro 2025

Catro foron e catro son e serán sempre: Miguel Ríos, Joan Manuel Serrat, Víctor Manuel e Ana Belén. Os catro son outros tantos ángulos do cadro musical dunha España que, nos anos 60 do século pasado, encarceraba por pensar distinto, por cantar como e onde a autoridade “competente” non quería ou, sinxelamente, non comungar co ideario franquista.

Coñecín persoalmente aos catro cando entre eles non  había máis vínculo que o feito de cantar. Os catro, por separado ou xuntos, trouxeron a Galicia o seu canto e encanto. A súa regalía de interpretar deixou pegadas inesquecibles nos galegos que ateigamos estadios, pavillóns polideportivos ou teatros para escoitalos. 

Particularmente foron, para min como para outros moitos galegos, fachos de liberdade que marcaron camiños a seguir nunha Galicia que, no eido musical, preparaba a súa andaina na vía da nova canción que os universitarios cataláns xa tiñan percorrido sobranceiramente. Dun ou doutro xeito, Miguel (inicialmente Mike Ríos) chegou nos anos 60 a Galicia con “Pecosita” nun EP que foi santo e sinal dun intérprete que, anos máis tarde (1972), foi encarcerado en Carabanchel por fumar marihuana (segundo a denuncia contra el presentada por tal feito).

Joan Manuel Serrat -o maior dos catro- é un catalán do barrio de El Poble-sec namorado de Galicia, que cantou a Antonio Machado en “Cantares” e fixo de “Mediterráneo” un himno internacional porque, “de vez en cando a vida nos bica na boca” debido a que “cada tolo” ten “o seu tema” na percura de “Penélope”. 

Víctor Manuel é un cantautor asturiano de Mieres, recoñecido coma un dos símbolos da Transición Española, que se fixo coñecido en toda España pola sua composición e interpretación de “O avó Víctor” e unha manchea de temas que abeiran unha biografía coallada de grandes producións musicais: “Quero abrazarte tanto”, “Só penso en tí”, “Son un corazón tendido ao sol”.

E Ana Belén, madrileña cantante e actriz, casada con Víctor Manuel, con quen forma parella desde vai máis de 50 anos e contra os que atentaron con dúas bombas colocadas na súa casa. Ambos os dous coñecéronse na Coruña en 1971.

Son, Miguel Ríos, Serrat, Víctor Manuel e Ana Belén, as catro “patas” dese marabilloso banco no que asenta o panorama musical español dos últimos 55 anos que tantos do meu tempo vivimos intensamente, sabedores de que algo estaba a mudar, para ben, no moi tristeiro panorana musical español.     

Moitos outros intérpretes e cantautores alumean a casa grande da música en España. Mais coido que ningún con tanta asiduidade voma os catro sinalados. 

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...