Carmen Valiña presentou en Muros un libro que denuncia o sufrimento das mulleres internadas durante décadas no sanatorio mental de Conxo

24 Novembro 2025

Arrincaron en Muros as celebracións do 25N (Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres). A axenda tivo un dos seus intres álxidos a semana pasada, coa presentación, no Local Social de Surribos (Abelleira), do libro As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936, un dos grandes éxitos editoriais da literatura galega en 2025, obra obra de Carmen V. Valiña, quen estivo en Muros lendo fragmentos do seu libro acompañada de Maruxa Martínez, concelleira de Muller en Muros.

“Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan”, recolle a sinopse de Editorial Galaxia sobre o libro, que é unha homenaxe á multitude de mulleres anónimas que foron relegadas ao esquecemento e ao anonimato durante practicatemente todo século XX só polo feito de ser persoas que non encaixaban no modelo imposto pola sociedade patriarcal: mulleres convertidas en números no sanatorio mental de Conxo, onde eran abandonadas por familiares, veciños e autoridades (que mesmo chegaban a instigar a súa entrada en Conxo), moitas delas obrigadas a pasar toda súa vida entre as paredes do manicomio sen que se tivese demostrado o máis mínimo trastorno mental que xustificase o seu internamento.

Así o avanza Carmen dende o libro: “As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano”.

Máis axenda do 25N en Muros

As actividades coa comunidade educativa terán un especial protagonismo este 25N en Muros, coa charla teatralizada A violencia nos videoxogos, para o alumnado do IES Fontexería e o IES As Insuas, e a charla Desconecta a violencia: o perigo está en liña, en colaboración con ADISBISMUR para o alumnado do IES As Insuas.

O 25N instalarase no Curro da Praza un punto de sensibilización, en colaboración con ADISBISMUR e a Deputación da Coruña, e haberá unha concentración ás 12:00 horas.

Para pechar a programación, unha nova edición do Café Feminista o 29 de novembro no local de Agrovello, Tal, co tema A violencia psicolóxica. Contará coa intervención de Aurea Brea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.