Boiro celebra este sábado un gran magosto comunitario no Centro Social, organizado pola Cruz Vermella

15 Novembro 2025

Este sábado 15 de novembro Cruz Vermella Boiro en colaboración co Concello vai organizar un Magosto comunitario no Centro Social de Boiro, unha festa gastronómica, festeira, participativa e solidaria que exaltará a castaña galega durante boa parte da xornada do sábado. A celebración, de feito, inclúe unha manchea de actividades “para desfrutar en comunidade”, en palabras da Cruz Vermella.

A axenda dará comezo ás 12.00 horas cunha actuación do Mago Teto e proseguirá logo cun vermú musical (ás 13.00 horas) e cun xantar popular.

Logo da comida celebrarase un paseo polo Camiño Vello (un paseo con Jane) e partir das 17.30 horas dará comezo o magosto propiamente dito e máis o serán tradicional (con música e baile tradicional a cargo das agrupacións locais Xilbarbeira, Pedra de Aroña, Mar de Cabo e Os da Boina).

Para participar no xantar popular é necesario apuntarse previamente chamando ao 981 844 804 ou pasando polas oficinas da Cruz Vermella para reservar asento.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.