Belén do Campo visita as obras de mellora da AC-196, que atravesa os concellos de Outes e Noia

20 Novembro 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Outes, Francisco Calo e pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitaron, esta mañá, a zona na que se están a realizar as obras de reposición do firme na estrada autonómica AC-196, que atravesa os concellos de Outes e Noia.

A delegada subliñou que esta actuación supón un investimento de ao redor de 400.000 euros, un esforzo que —segundo destacou— “reflicte o compromiso da Xunta coa mellora continua da rede viaria autonómica e coa seguridade viaria na comarca”.

A vía, na que se está actuando, conta cunha lonxitude total de algo máis de 4,4 quilómetros, que transcorre polos concellos de Outes e Noia. A actuación “permite mellorar de maneira significativa o estado do pavimento e garantir unha circulación máis cómoda e segura para os usuarios”, explicou, engadindo que “os traballos inclúen a rehabilitación integral do firme, mediante o estendido dunha nova capa de mestura bituminosa en quente nos treitos que presentan deficiencias”. De forma previa, executarase unha regularización da capa actual co fin de asegurar un comportamento óptimo da estrada a longo prazo.

As obras comezaron este pasado luns e contan cunha duración estimada dunha semana, sempre condicionada polas condicións meteorolóxicas.

A representante do Goberno autonómico subliñou que “nos orzamentos do 2026, realizarase un investimento histórico de 71,6M€ que se destinará á conservación e mellora da rede autonómica —3 M€ máis que en 2025—, dos cales 27M€ irán a reforzos de firme e conservación extraordinaria”.

Belén do Campo concluíu destacando que este tipo de intervencións “contribúen a reforzar a mobilidade diaria, o acceso aos servizos e a calidade de vida das veciñas e veciños de Outes e Noia, garantindo estradas máis seguras e en mellores condicións”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.