Aurora Marco presenta en A Pobra o seu libro sobre a mestra socialista María Vázquez

12 Novembro 2025

A obra recupera a memoria dunha docente e activista pola igualdade, asasinada polo franquismo.

A escritora e investigadora Aurora Marco presentará mañá, xoves 13 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí, o seu novo libro María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo.

“Resoaron na noite os disparos que acabaron coa vida dunha mestra vocacional, dunha renovadora pedagóxica, dunha muller progresista, militante socialista, afervoada defensora dos dereitos femininos”, así introduce Marco a figura dunha das mulleres máis destacadas da educación galega na II República e vítima da represión franquista.

O acto contará coa presenza da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, da presidenta da Asociación Cultural Barbantia, María Xesús Blanco, e do editor, Henrique Alvarellos. A edil convidou á veciñanza a participar na cita para “coñecer a figura e o legado dunha muller referente na docencia e tamén na política, estreitamente vencellada ao noso concello”.

Durante o encontro, o público poderá escoitar da propia autora o proceso de investigación e escritura da obra, así como formular preguntas e compartir reflexións sobre o papel das mulleres na educación e na memoria histórica.

A elección de A Pobra do Caramiñal para a presentación non é casual: María Vázquez exerceu como mestra no municipio durante máis dunha década, logo de rematar os seus estudos de Maxisterio na Coruña.

Con este novo traballo, Aurora Marco continúa a súa labor de recuperación e divulgación das biografías de mulleres galegas esquecidas pola historia, reforzando o compromiso coa memoria e coa igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.