As IX Xornadas Micolóxicas da Pobra veñen con obradoiros, charlas, exposicións, saídas e degustacións

03 Novembro 2025

As Xornadas Micolóxicas da Pobra do Caramiñal chegarán, este ano, á súa novena edición. Farano cunha programación completa que arrincou co lanzamento do Concurso Fotográfico de Micoloxía e que se prolongará ata este domingo, 9 de novembro.

Como avanzou o concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, a programación desta convocatoria incluirá obradoiros, conferencias a cargo de expertos, exposición de cogomelos, saídas ao campo e degustacións gastronómicas. “É dicir, volvemos contar cunha oferta completa, dando a coñecer o aproveitamento deste recurso natural típico do outono en Galicia, pero tamén sensibilizando sobre a necesidade de conservar os nosos bosques nas mellores condicións posíbeis”.

A primeira actividade da semana será este mércores, 5 de novembro, cos talleres micófilos nos CEP Salustiano Rey Eiras e no CEP Pilar Maestú Sierra a cargo de asociación medioambiental Amabul. O venres, día 7, terá lugar a charla Ven coñecer o xénero russula, por se che pica a curiosidade, que correrá a cargo de José María Traba Velay. Será ás 20.30 horas no auditorio da Biblioteca Municipal.

O calendario de actividades continuará o sábado, día 8. Por unha banda, o mercado da Praza de Abastos acollerá unha exposición na que se amosará ao público numerosos exemplares de cogomelos. Pola outra, o local da Confraría de Pescadores da Pobra será o recinto onde se realicen os obradoiros micófilos Cultivo de Pleurotus. Estas sesións celebraranse en diferentes franxas horarias en función do público destinatario. A primeira será para rapazada ata 12 anos, e celebrarase de 11.00 a 13.00 horas. A segunda está dirixida a persoas adultas e farase de 17.00 a 19.00 horas. Ambas sesións estarán impartidas por persoal especializado de MycoGalicia Plantae.

O domingo, día 9, as Xornadas Micolóxicas chegarán ao seu fin cunha completa oferta de propostas. Ás 10.00 horas farase unha saída ao campo e ás 13.00 horas o mercado da Praza de Abastos albergará unha mostra dos cogomelos recollidos durante a excursión. O recinto servirá, ademais, para entregar os premios do IX Concurso Fotográfico de Micoloxía. A xornada concluirá ás 14.00 horas cunha degustación gastronómica a cargo do chef do restaurante A Horta do Obradoiro, Kike Piñeiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.