Arrincou en Rianxo, no Restaurante Castelao, a nova edición de + Que Tapas

02 Novembro 2025

Estes días comezou en Rianxo a nova edición da iniciativa turístico-gastronómico Barbanza Arousa + Que Tapas (Máis que Tapas). Fíxoo no establecemento que resultou campión na edición anterior, o restaurante rianxeiro Castelao co súa tapa Sofía. Ata o 2 de novembro a veciñanza rianxeira poderá desfrutar dos mellores produtos gastrómicos e viños da comarca nos seguintes establecementos: Xuntanza, Castelao, R7, O Vilar, O Costillar e O Aghro da Corna. Os clientes tamén poderán, con cada consumición, participar no sorteo de fantásticos agasallos.

11ª edición

A semana pasada presentouse a 11ª edición da ruta de tapas Barbanza Arousa + Q Tapas, organizada pola Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos Concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.

Participantes na inauguración da nova edición

Logo do arrinque (esta fin de semana) en Rianxo, a iniciativa trasladarase á Pobra do Caramiñal os días 14, 15 e 16; a fin de semana do 21, 22 e 23 celebrarase en Ribeira e a ruta de tapas deste 2025 concluirá no concello de Boiro os días 28, 29 e 30.

Nestas datas poderanse desfrutar obradoiros infantís de cociña guiados por un cociñeiro profesional, que achegarán ós máis pequenos ó valor do produto local dun modo lúdico e educativo.

Como é costume, os participantes poderán recibir agasallos mediante os “rasca e gaña” como tapas nos establecementos participantes, botellas de viño da IXP Barbanza e Iria e lotes de produtos locais.

A xeito de novidade, este ano achegarase unha páxina web oficial da ruta con información de cada tapa e establecemento, e mapa interactivo.

Ademais, sortearase unha cena para dous comensais entre todas as persoas que participen na elección da Mellor Tapa Barbanza Arousa 2025.

“Este ano contaremos coa participación de preto de 40 locais, que se suman con entusiasmo a esta iniciativa”, destacou Julián Bustelo, presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde de Rianxo.

O obxectivo da Mancomunidade é “resaltar a riqueza gastronómica do territorio, así como os viños da IXP Barbanza e Iria, fomentando a actividade hostaleira en tempada baixa”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.