Alberto Cancela presenta en Rianxo este venres o seu libro sobre o compositor e pianista Luis Taibo

11 Novembro 2025

O espazo provisional da Biblioteca Municipal de Rianxo (no Auditorio Municipal) vai dar acollida esta semana á presentación do libro Taibo. Verso libre da música galega. Compostela / México D.F., de Alberto Cancela Montes. A cita será este venres 14 de novembro ás 20.00 horas.

O libro, con prólogo de Montserrat Capelán, é un percorrido pola vida e legado de Luis Taibo (Santiago de Compostela, 1877-México D.F., 1954), rara avis in terris e figura fundamental dentro da cultura musical galega. Profesionalmente, dividiu a súa vida entre a música e a medicina, pero tamén entre Galicia e México, país que o acolleu e lle permitiu desenvolverse plenamente.

Compositor, pianista, director coral, escritor e médico, Luís Taibo foi unha figura poliédrica esencial nos diferentes movementos galeguistas de finais do século XIX e primeira metade do XX. Recoñecido en vida, pero desdebuxándose cada vez máis co pasar dos anos, este libro non só cumpre cunha débeda antiga, senón que nos abre unha fiestra a unha vida e obra polifacética, na que nos mergullamos asombrados e atraídos a partes iguais.

Luís Taibo foi un “verso libre” da música galega. A falta de medios, institucións musicais fortes e unha escola compositiva asentada conspiraban en contra para lograr un grupo dotado de unidade de acción, que non só fose recoñecido en Galicia, senón tamén no resto de Europa e América. Non obstante, convén recordar que si existiu un contexto común e un ideario compartido, que permitiu certa cohesión entre os músicos galegos, do que se dá boa conta ao longo deste libro.

Alberto Cancela a partir dunha minuciosa investigación consegue elaborar a biografía dunha figura con múltiples vidas. O libro conta tamén cun catálogo completo das súas obras e ademais un apartado documental, con partituras, epistolario e textos literarios.

O libro foi publicado na colección Sonora Urbana, unha liña editorial de aCentral Folque sobre as músicas eruditas e populares fundamentais na conformación das identidades musicais galegas desde fins do século XIX até os nosos días.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.