Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

07 Novembro 2025

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu paso por Rianxo. Os bombeiros contaron coa colaboración da Garda Civil, o 061, o servizo de mantemento da autovía e o grupo de Protección Civil de Rianxo. Ao parecer, o condutor saíuse da vía tras chocar coa mediana.

O accidente aconteceu sobre as 11.20 horas da mañá deste venres. Malia a aparatosidade do sinistro, a persoa que conducía o vehículo (en dirección Ribeira) non resultou ferida. Os feitos obrigaron aos servizos de mantemento a limpar o firme do gasóleo vertido polo automóbil.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.