A Xunta presenta ante estudantes de Boiro o programa Artesanía na Escola

19 Novembro 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse na mañá deste 19 de novembro ao CEIP Santa Baia de Boiro para presentar o programa Artesanía na Escola impulsado pola Xunta e para asistir ás demostracións da zoqueira Elena Ferro e do artesán de instrumentos tradicionais de percusión Xosé Manuel Sanín, que protagonizan as dúas primeiras unidades didácticas desta iniciativa de divulgación da artesanía. Os dous artesáns achéganse tamén ao CEIP Cespón.

Artesanía na escola é un programa de divulgación impulsado pola Xunta dende o ano 2024 dirixido a achegarlles os oficios artesanais e os valores da artesanía aos nenos e nenas de colexios de toda Galicia. O obxectivo é “presentar aos escolares diferentes oficios artesanais como unha profesión de futuro —facendo fincapé nos máis tradicionais— ao tempo que conciencialos do valor do produto feito á man e da marca Artesanía de Galicia”, informou a Xunta.

Artesanía na escola comezou cunha unidade didáctica dedicada ao oficio dos zoqueiros, a través da figura de Elena Ferro, responsable do taller Eferro (Merza, Vila de Cruces), un obradoiro familiar activo desde o ano 1915 e que viu recoñecida a súa traxectoria co Premio Nacional de Artesanía no ano 2019. Elena Ferro destaca polo seu traballo cun produto característico da tradición rural: os zocos de madeira.

Pola súa banda, Xosé Manuel Salvado Sanín, do obradoiro Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela) é o protagonista da segunda das unidades didácticas de Artesanía na Escola. Baixo o título Eu son artesán de percusión tradicional, céntrase na historia e elaboración da pandeireta, un dos instrumentos máis tradicionais de Galicia.

A Fundación Artesanía de Galicia continúa a traballar na seguinte unidade didáctica que estará centrada na elaboración de figuras de pan de Santo André de Teixido, co obxectivo de ir incrementando a variedade de oficios que se presentan no marco desta iniciativa.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.