A Xunta homenaxea a Camilo José Cela cunha exposición sobre os seus doutoramentos honoris causa

23 Novembro 2025

A Xunta de Galicia inaugurou na sede da Fundación Camilo José Cela en Padrón unha exposición que fai un percorrido polos doutoramentos honoris causa outorgados ao escritor ao longo da súa traxectoria. A mostra coincide co 45º aniversario dos recoñecementos recibidos en 1980 polas universidades de Santiago de Compostela e Palma de Mallorca.

O obxectivo da iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, é poñer en valor a dimensión académica de Cela máis alá da súa produción literaria. O autor recibiu esta distinción honorífica en 25 universidades de todo o mundo, desde a primeira, en 1974 pola Universidade de Siracusa (Nova York), ata a última, en 1999 pola Kansai Gaidai (Xapón).

Na exposición faise referencia a 12 destes doutoramentos, intercalando parte da colección téxtil da fundación —togas, mucetas e birretes— cos títulos oficiais expedidos por institucións como as universidades de Siracusa, Miami, Florida, Santiago de Compostela, Birmingham, Fu Jen (Taiwán), Moderna (Portugal), Río Grande do Sul (Brasil), Ciencias Empresariais e Sociais de Bos Aires (Arxentina) ou Filipinas.

A Fundación Camilo José Cela conserva un dos legados máis importantes do autor, quen expresou o seu desexo de que permanecese unido nun mesmo lugar. O fondo inclúe os manuscritos das súas 14 novelas publicadas, 52 obras menores, unha biblioteca con máis de 60.000 monografías e unha hemeroteca con máis de 42.000 publicacións periódicas, que permiten coñecer tanto ao escritor como o contexto social e cultural da España da segunda metade do século XX.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.