A Xunta efectúa accións de conservación fluvial en varios ríos da Pobra

14 Novembro 2025

Dende a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, veñen de dar conta das actuacións de conservación e mantemento fluvial que están a facer en máis de 5,5 quilómetros en varios ríos, no concello da Pobra do Caramiñal.

Máis polo miúdo, as tarefas, que xa foron comunicadas ao concello e que se prolongarán durante arredor de dez semanas, desenvolveranse en máis de 1,5 quilómetros do río Lérez; noutros 1,5 km no Pedras, e en algo máis de 1,4 quilómetros no Xundarama. A maiores tamén se actuará en treitos do rego Romeiras, do Morto e nun innominado ao seu paso por Santa María do Xobre.

Os traballos consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos, así como na eliminación de especies exóticas invasoras. Realizaranse coa aplicación de motoserras, rozadoiras, podadoras e outras ferramentas manuais. Asemade, o persoal contará co apoio de maquinaria de maiores dimensións como un camión e unha carretilla de carga.

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, estes treitos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas.

Engadir que Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento,

conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Cómpre salientar que se trata ademais do mantemento de zonas catalogadas como de Alto Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI).

Por último, sinalar que o obxectivo dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.