A veciñanza de Araño organiza este sábado unha nova edición (a cuarta) da súa Muiñada

21 Novembro 2025

A Asociación de Veciños do Araño (Rianxo) organiza unha nova edición da súa Muiñada, cuarta edición, con epicentro no núcleo de Buía. Será este 22 de novembro, sábado, dende a mañá. Trátase, en palabras da organización, dunha xornada para coñecer mellor o noso entorno, o noso pasado e as nosas tradicións. Haberá unha excursión a pé polos muíños de Buía (a partir das 10.30 horas dende os muíños do Cubo da Ermida, con visita aos de Quintáns, Veiga e Lemos), e farase unha demostración da moenda tradicional. O programa tamén inclúe xogos tradicionais e petiscos e música da terra con Aires do Arghaso. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos. Organiza: Asociación de Veciños do Araño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.