A Taberna de Angueira gaña o concurso “Rois nun bocado” coa súa tapa “Montaña de ouro”

27 Novembro 2025

O concello de Rois xa ten gañadora da primeira edición do concurso gastronómico “Rois nun bocado”, celebrado ao longo do mes de novembro para promocionar a hostalería local. A creación da Taberna de Angueira (Augasantas), bautizada como Montaña de ouro, conquistou o padal da maioría das 350 persoas que participaron na votación popular.

A tapa vencedora consistiu nun solombo de porco ibérico acompañado de patacas de Coristanco, queixo de Arzúa, cebola caramelizada e tomatiños da horta de Sara, unha combinación que se impuxo entre as oito propostas presentadas polos establecementos participantes. Como premio, a Taberna de Angueira recibirá 300 euros.

O segundo posto foi para Casa Benjamín (Vilachán), que presentou un solombo de porco á mostaza antiga en tempura, cuberto con algas wakame sobre cama de puré de castañas. A súa proposta, que quedou a escasos votos da gañadora, foi recoñecida cun premio de 250 euros. O Bar Muelle, tamén de Rois, completou o podio cunha costela a baixa temperatura con patacas fritas e salsa barbacoa, galardoada con 150 euros.

Durante as fins de semana do certame, centos de persoas achegáronse aos locais participantes, chegando algún deles a servir máis de 400 tapas. En total, 350 clientes emitiron o seu voto tras degustar polo menos tres tapas en dúas das zonas nas que se dividiu o municipio.

Ademais dos premios aos establecementos, o Concello sorteou tres vales de 100 euros entre os votantes, que recaeron en Miguel Rodríguez, Lorena Agrafojo e Patricia Ces.

Con esta iniciativa, o Concello de Rois busca dinamizar a gastronomía e a hostalería local, reforzando a súa oferta culinaria e poñendo en valor os produtos da comarca.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.