A Policía Nacional desenvolve un amplo operativo antidroga en Vilanova e Ribadumia con varios detidos

26 Novembro 2025

Unidades da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa, Santiago e dos Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO) teñen en marcha este mércores un operativo contra o narcotráfico en diversos puntos da comarca do Salnés, no que se empregaron mesmo escavadoras para realizar algúns rexistros.

TVG

Segundo informou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, a operación arrincou primeira hora da mañá e, ata o momento, efectuáronse tres rexistros en tres propiedades distintas, que se saldaron con varios detidos.

O dispositivo, que se desenvolve principalmente nos concellos de Vilanova de Arousa e Ribadumia, permanece baixo segredo de sumario. Segundo fontes consultadas por Europa Press, entre os arrestados figuran dous homes vinculados familiarmente, un deles con antecedentes por tráfico de heroína.

Losada explicou que esta actuación é a continuidade doutra operación antidroga realizada hai unhas semanas noutra comarca galega, dentro da estratexia de presión policial constante contra as redes criminais.

O subdelegado quixo trasladar o seu recoñecemento aos equipos despregados no operativo, destacando “a profesionalidade, exhaustividade e compromiso” da Policía Nacional na loita contra o narcotráfico. “A sociedade pode estar segura de que, nesta batalla difícil e permanente, contamos cos mellores profesionais”, afirmou.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.