A Pobra comeza a instalar o quinto contedor nas zonas con negocios de hostalaría e na Praza de Abastos

04 Novembro 2025

Avanzar cara a un modelo de xestión máis eficiente, sostíbel, respectuoso co medio ambiente e sen custo adicional para a cidadanía. Eses son os obxectivos que o alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, confía en conseguir coa instalación do quinto contedor de materia orgánica. O rexedor anunciou que o Concello da Pobra do Caramiñal puxo en marcha, o pasado sábado, un novo servizo de recollida de biorresiduos por medio da instalación de 32 colectores marróns nas inmediacións dos coñecidos como “grandes produtores”. Isto é, nas contornas dalgúns negocios hostaleiros e nas inmediacións da Praza de Abastos.

Vidal engadiu que a prestación non está aínda dispoñíbel para a cidadanía xeral, senón que se trata “dun proxecto piloto implantado en puntos concretos nos que se localizan os grandes produtores”. O proxecto materializouse na disposición de 32 colectores de cor marrón e con peche. Durante os meses de inverno (de outubro a marzo) estes serán baleirados os luns, mércores e sábados, mentres que no verán esta tarefa se levará a cabo todos os días (agás os domingos) co fin de previr malos olores e acumulación excesiva, sobre todo nos meses de máis calor.

Como avanzou Vidal, en paralelo á colocación destes elementos, o Concello entregará aos responsábeis destes negocios contedores de menor dimensión (con capacidade para 60, 80 e 120 litros) e bolsas específicas. Trátase de material que os hostaleiros poderán empregar para o almacenamento e posterior depósito dos residuos nos colectores exteriores.

Nos últimos días, persoal especializado na materia fixo a entrega das chaves e de material informativo aos propietarios dos establecementos, aclarando as dúbidas e dando pautas para o uso correcto.

A eficacia e a sustentabilidade son dúas das vantaxes máis importantes que traerá consigo a implantación do quinto contedor. Con todo, a estas hai que sumar, ademais, a económica. Ata o de agora, a fracción orgánica trasladábase mesturada con outros residuos á planta de Cerceda, cun custo para o Concello de 95 euros máis IVE por tonelada. O novo modelo con separación da fracción orgánica en orixe suporá o traslado de residuos á instalación designada pola Xunta de Galicia, localizada Vilanova de Arousa. Unha vez alí, os residuos serán tratados e transformados en compost de calidade, o que suporá un menor impacto económico nas arcas municipais.

As persoas que precisen máis información poden contactar co Concello no teléfono 981 843 280 e preguntando polo departamento de Medio Ambiente.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.