A Cooperativa Galega del Mar Santa Uxía de Ribeira (Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia de Ribeira, OPP83) desenvolveu actividades educativas no CEIP Heroínas de Sálvora como parte do seu obxectivo de fomentar o consumo de peixe entre os escolares. Entre outras actuacións, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira. Esta actuación divulgativa forma parte do Plan de Produción e Comercialización da OPP83, co-financiado pola Xunta e polo FEMPA.

A OPP83 levou a cabo durante a mañá do 27 de novembro un programa de actividades educativas con arredor de 50 alumnos/as do CEIP Heroínas de Sálvora coa finalidade de acercar o mundo da pesca aos máis cativos e a importancia de elixir pescado fresco de proximidade.

A acción que máis gustou aos cativos foi o obradoiro de cociña no que os estudantes elaboraron o seu propio roliño de Lirio de Ribeira. Co lirio xa fileteado, os alumnos e alumnas manipularon o peixe, aderezaron con especies e outros ingredientes e despois fixeron un rolo en brocheta. Posteriormente, os rapaces desfrutaron da súa propia elaboración. O obradoiro de cociña permitiu aos rapaces familiarizase co Lirio de Ribeira e descubrir a versatilidade e calidade deste peixe fresco de proximidade.

A outra actividade consistiu nunha charla educativa sobre os peixes e barcos da OPP83. Nesta actuación divulgativa aprenderon a coñecer os tipos de barcos de pesca e as súas pares, a identificar e diferenciar as principais especies pesqueiras capturadas pola OPP83 e as claves para interpretar correctamente o etiquetado do peixe.

Estas iniciativas forman parte das acciones que a OPP83 desenvolve para difundir a cultura mariñeira, poñer en valor o traballo do sector e promover unha alimentación equilibrada baseada no consumo de peixe. Na xornada participaron o membro do Consello Reitor da OPP83, Pablo Pérez, e a súa xerente, María josé Casais.

“Os consumidores do mañá deben estar informados e ser conscientes da calidade, sustentabilidade e beneficios nutricionais dos produtos pesqueiros como o noso Lirio de Ribeira”, subliñou Casais sobre a importancia deste tipo de actividades.



