A Entidade Urbanística de Conservación da Tomada redobra esforzos pola mellora da xestión, a seguridade e o mantemento de infraestruturas no polígono

17 Novembro 2025

A Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial A Tomada celebrou este luns 17 de novembro a súa asemblea xeral, na que a Xunta Directiva presentou o informe de xestión correspondente ao período agosto 2024 – outubro 2025, centrado na mellora da xestión, a transparencia, a seguridade e a modernización das instalacións comúns. Durante este período, a entidade impulsou diversas actuacións que, segundo fixeron saber os seus integrantes, “reflicten o seu compromiso coa eficiencia e a mellora continua”.

No ámbito das infraestruturas, executouse unha limpeza integral do polígono, incluíndo a roza de vexetación e a reparación de beirarrúas, o que contribuíu a mellorar a seguridade e a imaxe xeral do recinto. Ademais, púxose en marcha un plan de mantemento periódico, con actuacións regulares de xardinería e limpeza viaria, e reparáronse fochancas e danos na rede viaria, en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal, reforzando así a seguridade tanto de vehículos como de peóns.

Explicaron que un dos grandes fitos do período foi a instalación dun sistema de videovixilancia en puntos estratéxicos do polígono, conectado e controlado pola Policía Local, co fin de reforzar a prevención de actos vandálicos e mellorar a seguridade da contorna empresarial.

En materia de comunicación e imaxe, a entidade presentou un novo logotipo e un manual de identidade corporativa, co obxectivo de reforzar a marca do polígono e a súa proxección ante empresas e institucións.

Ampliación da gardería

Durante a asemblea abordouse tamén o proxecto de ampliación da gardería nas instalacións do complexo empresarial da Pobra, co propósito de aumentar a capacidade dispoñíbel para as familias traballadoras. A obra, subvencionada pola Xunta de Galicia, está prevista para finalizar o 1 de decembro de 2025, e incluirá dúas novas aulas e 40 prazas adicionais, que se sumarán ás 38 xa existentes. O prazo de matrícula para as novas prazas estará aberto do 1 ao 15 de decembro.

Visitas e accións conxuntas

Durante os últimos meses recibíronse no Polígono varias visitas institucionais, como a do subdelegado do Goberno na provincia, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia ou a xerente de SEA (Solo Empresarial do Atlántico) e leváronse accións en colaboración coa Fundación RIA ou coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue do SERGAS.

Explicaron que “o conxunto de actuacións desenvolvidas durante o último ano pon de manifesto

o compromiso da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial A Tomada coa modernización das infraestruturas, a transparencia na xestión e o benestar das empresas e usuarios do parque empresarial.

“Estas iniciativas sentan as bases para continuar avanzando nun modelo de xestión participativa, eficiente e orientada ao futuro”, sinalou a presidenta do organismo, Isabel Cañas, e directa de Relacións Institucionais da empresa CONGALSA, con sede na Tomada.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.