A Deputación reúnese cos concellos para presentar a nova liña de subvencións para patrimonio cultural

20 Novembro 2025

O deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Penas, mantivo este xoves 20 de novembro un encontro cos representantes dos gobernos municipais da provincia para presentar e debullar a nova liña de subvencións destinada a actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal.

Na reunión, que contou tamén coa presenza do xefe de Servizo de Arquitectura, Daniel Beiras, e do xefe de Departamento de Patrimonio, Fernando Pérez, resolvéronse dúbidas dos concellos sobre o programa DP0045/2026, que conta cun orzamento dun millón de euros, ampliábel até os dous millóns.

Esta liña de subvencións, aprobada mediante resolución de Presidencia e publicada no BOP o pasado 15 de outubro, está dirixida aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña e ten como obxectivo “a protección, recuperación e conservación do patrimonio histórico-artístico e cultural municipal”.

Entre os aspectos salientados da convocatoria, a Deputación indicou que as actuacións poderán recibir unha subvención máxima de até 150.000 euros e cubrir até o 80% do orzamento de gastos obxecto de subvención, sempre que o investimento mínimo acade os 30.000 euros. O período de execución previsto abranguerá do 1 de xaneiro de 2026 ao 30 de xuño de 2027.

Penas explicou que se poderán acoller a este programa as intervencións en espazos públicos e inmóbeis con valor histórico-artístico, cultural, tipolóxico ou etnográfico declarados BIC ou catalogados, así como en centros urbanos históricos tamén declarados BIC. Inclúense ademais actuacións sobre elementos de enxeñaría como pontes, pontellas ou camiños, sobre patrimonio marítimo —como peiraos, carpintarías de ribeira, factorías de salga ou secadoiros— e sobre xacementos arqueolóxicos que incorporen accións de sinalética ou musealización.

As solicitudes serán avaliadas en concorrencia competitiva por un comité técnico composto por tres expertos en patrimonio, arquitectura e rehabilitación. Teranse en conta a relevancia e singularidade do patrimonio, a urxencia e o estado dos danos, a calidade da proposta técnica e a repercusión prevista da actuación. Para obter a condición de entidade beneficiaria será necesario acadar un mínimo de 50 puntos.

Durante o encontro, o deputado subliñou “a necesidade de actuar de xeito inmediato coa utilización de recursos suficientes para protexer e conservar adecuadamente o extraordinario patrimonio cultural da provincia da Coruña”, e expresou a preocupación da Deputación “pola situación de determinados bens que deben ser obxecto de protección inmediata”.

Os concellos interesados poden presentar varias solicitudes individuais por actuación, realizando toda a tramitación a través da plataforma SUBTEL.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.