A CRMH do Barbanza e Nova Escola Galega entregan os premios do I Certame de Memoria Histórica do Barbanza

30 Novembro 2025

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) do Barbanza e Nova Escola Galega fixeron entrega dos premios do I Certame de Memoria Histórica do Barbanza. O acto tivo lugar no IES Félix Muriel de Rianxo, onde se deron a coñecer os proxectos galardoados desta primeira edición.

Os traballos premiados foron A cara dunha xeración: unha recompilación da vida de Joaquín Soliño Barbeito e a súa familia, realizado por Lucía Varela, Nicanor Lago, Sara Lago e Sara González, alumnas do IES Pedro Floriani de Redondela; e O patrimonio de Sabugueira, elaborado polo CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago de Compostela. Durante a cerimonia, as autoras presentaron os seus proxectos ante o público, exercendo como representantes do centro compostelán Alba Recarey e Sara Carou.

O historiador José Antonio Pérez Fernández participou no acto cun discurso centrado na importancia da memoria democrática e do estudo da historia no ámbito educativo. A xornada estivo conducida por Mariló Candedo, presidenta de Nova Escola Galega, mentres que a entrega dos galardóns correu a cargo de Carlos Cimadevila Álvarez, presidente da CRMH do Barbanza, e do artista e membro da Comisión Che Tembra.

Tamén asistiu a concelleira de Patrimonio Histórico e Memoria de Rianxo, Olalla Figueira Castaño, quen participou na entrega dos premios e felicitou as participantes polo seu labor investigativo.

O evento contou cun acompañamento musical a cargo do saxofonista Bernal Muíños, que puxo o toque final á celebración desta primeira edición dun certame que busca impulsar o estudo, a reflexión e o compromiso coa memoria histórica entre a mocidade galega.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...