A Casa da Cultura da Pobra convértese en epicentro da artesanía galega coa mostra Certame de Artesanía Antonio Fraguas

11 Novembro 2025

A Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal acollerá, ata o 30 de novembro, a mostra itinerante do XV Certame de Artesanía Antonio Fraguas. A exposición, promovida pola Deputación da Coruña, conta cunha trintena de pezas entre as que se inclúen as obras gañadoras desta edición e outras seleccionadas polo xurado do concurso. Trátase dunha colección coa que se busca dar aos visitantes unha visión ampla da artesanía galega contemporánea e tradicional.

Entre as pezas, o público poderá atopar á gañadora da modalidade tradicional, Coitelos de cociña Damasco, de Borja Canedo Martínez. Así mesmo, os espectadores atoparán tamén na Casa da Cultura Nasa, a obra coa que Ezequiel Franchi Gil gañou a modalidade contemporánea do certame. Ademais destes traballos, a exposición reúne 25 máis de disciplinas como a xoiería, a cerámica, a carpintería, construción de instrumentos, entre outras.

A exposición do XV Certame de Artesanía Antonio Fraguas pódese visitar ata o 30 de novembro, en horario de mañá de 11.00 a 14.00 horas e de tarde 17.00 a 20.00 horas de luns a venres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.