A Asociación Española Contra o Cancro organiza un obradoiro gratuíto en Ribeira sobre o manexo da incerteza para pacientes oncolóxicos

24 Novembro 2025

O vindeiro mércores, 26 de novembro, a Asociación Española Contra o Cancro celebrará un obradoiro gratuíto sobre o manexo da incerteza dirixido a pacientes oncolóxicos. A xornada terá lugar na sede da Asociación en Ribeira, situada na rúa do Estatuto, 1, ás 10:30 horas.

O obxectivo desta actividade grupal é “ofrecer recursos prácticos que axuden aos participantes a xestionar mellor a incerteza inherente ao proceso oncolóxico, contribuíndo ao seu benestar emocional durante o tratamento e a recuperación”.

O taller estará dirixido por Patricia Baños, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro, que acompañará aos asistentes na aprendizaxe de estratexias para afrontar os desafíos que xorden tras o diagnostico da enfermidade.

Esta actividade está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Ribeira, co apoio do Concello de Ribeira e da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, e reforza o compromiso da entidade coa atención integral ás persoas afectadas polo cancro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.