Volve o concurso “Máis que Tapas” impulsado pola Mancomunidade Barbanza Arousa

26 Outubro 2025

A Mancomunidade Barbanza Arousa convídanos a participar nunha nova edición do concurso de tapeo que promove o talento da nosa hostalaría e o produto local.

Estas serían as datas correspondentes a cada concello da mancomunidade:

Rianxo: 31 de outubro, 1 e 2 de novembro

A Pobra do Caramiñal: 14, 15 e 16 de novembro

Ribeira: 21, 22 e 23 de novembro

Boiro: 28, 29 e 30 de novembro

Dende a mancomunidade fan un chamamento aos establecementos da comarca para participaren, “uníndose á gran festa do sabor, da creatividade e da gastronomía locais”. Máis datos en info@somosenredos.com e no teléfono 616 48 85 67 (chamada ou WhatsApp).

O certame vén da man mancomunidade de concellos formada por Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Rianxo (Barbanza Arousa).

Ademais de organizar actividades que tratan de incentivar a demanda na hostalaría en tempada baixa, “o obxectivo tamén pasa por promover o produto local desde a gastronomía, tanto o produto fresco coma a conserva, e os viños da IXP Barbanza e Iria”.

Nas edicións anteriores os impactos económicos no territorio desta iniciativa superaron os 40.000 euros en cada convocatoria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.