Venres 24, nubes e claros e lixeira suba da temperatura

23 Outubro 2025

Galicia manterase durante a xornada do venres 24, San Antonio María Claret, nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, coa presenza dunha fronte situada ao norte de Portugal que deixará maior nubosidade na metade sur e oeste da comunidade.

Espéranse ceos máis pechados na comarca e nas rías baixas, mentres que no centro e norte do territorio predominarán os claros. Nas últimas horas do día poderían rexistrarse precipitacións febles, especialmente no sur galego.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente na metade sur, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos ou con leves ascensos(17 a 20 graos). O vento soprará frouxo do oeste-suroeste, con intervalos moderados no litoral norte, e xirará a norte-nordés nas Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.