ULA Libraría Social (Outes) acolle a presentación de “A fraga dos teixos” e unha nova sesión do club lectura

13 Outubro 2025

O proxecto ULA Libraría Social que impulsa Maitane Vicente na Serra de Outes, na rúa da Capela, vai acoller esta semana dunhas importantes actividades literarias: por unha banda a presentación de A fraga dos teixos de Xosé Salvadores, e pola outra unha sesión do club de lectura de ULA cunha cita arredor de O curioso incidente do can á media noite, de Mark Harddon.

17OUT. Presentación da man de Xosé Salvadores do seu libro A fraga dos teixos un traballo no que mostra como restaurou 14 ferrados de monte que ata entón, só habitaban baleiro e eucaliptos. Editada por Temos Galiza, trátase dunha crónica persoal e apaixonada de Xosé Salvadores de un ano de traballo para restaurar a biodiversidade en 14 ferrados de monte inzados de eucaliptos, nun caderno de campo que ben pode ser lido como unha amena guía de fauna e flora da Galiza e, especificamente, da Mariña, “mais tamén como un convite para actuarmos en defensa da natureza e do noso medio tan agredido, mesmo como un exemplo do que pode ser feito con vontade individual e, sobre todo, con planificación institucional e esforzo colectivo”.

18OUT. Club de lectura de persoas adultas, onde conversaremos sobre a mítica e marabillosa novela de Mark Haddon O curioso incidente do can á media noite. Sinopse: Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, coñece as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite encontra a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, polo que decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...