UCIN preséntase como alternativa “seria e independente” para O Barbanza

13 Outubro 2025

A agrupación UCIN Galicia (Unión de Cidadáns Independentes) manifestou nun comunicado a súa “firme intención de consolidarse como unha alternativa política seria, responsábel e centrada nas persoas”. Fíxoo, sinala, “ante os últimos acontecementos políticos na comarca do Barbanza, marcados por mocións de censura, inestabilidade institucional e unha xestión marcada pola confrontación e o desinterese polos problemas reais da cidadanía”.

Segundo o seu coordinador en Galicia, José Luis Calo, “a veciñanza do Barbanza leva anos sufrindo os vaivéns dos grandes partidos, que miran máis polas súas siglas que polos intereses da xente. UCIN nace e medra precisamente para dar resposta a ese cansazo cidadán”.

Lembra José Luís Calo que “a nivel nacional, UCIN é xa o partido independente con maior representación municipal en España, presente en múltiples concellos con gobernos locais sólidos e eficientes”.

Sinala que en Galicia, a formación continúa traballando na implantación de agrupacións locais e peches de candidaturas independentes en diferentes
municipios do Barbanza, como Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo ou Porto do Son.

“A nosa prioridade é construír proxectos locais fortes, con equipos veciñais comprometidos e preparados, afastados da política de siglas e centrados en solucións reais: vivenda, emprego, servizos públicos e apoio ao tecido empresarial e mariñeiro da comarca”, subliña Calo.

UCIN Galicia fai un chamamento á cidadanía do Barbanza para que “se involucre activamente, achegando propostas e sumándose a este proxecto de renovación política desde a independencia e a proximidade”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.