O 7 de decembro Xosé Antonio Touriñán estará no Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Aquí Tou!. As entradas están xa á venda na web Ataquilla.com.
En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán, ata un posíbel epitafio. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo diferente no que o tratamento visual xoga un papel primordial, o que se ve e tan importante como o que se escoita.




