Stolt Sea Farm pon en Rianxo a primeira pedra da súa nova planta, nun acto que contou coa presenza do presidente Rueda

23 Outubro 2025

Este xoves 23 de outubro Rianxo marcou un fito moi relevante na historia da acuicultura de Galicia, coa colocación, no Polígono, da primeira pedra da nova planta de adecuación a primeira venda de peixe plano de Stolt Sea Farm. Na cita participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que reivindicou o liderado de Galicia no sector e avogou por “atraer cara á comunidade novos investimentos neste eido”. Estivo acompañado da conselleira do Mar, Marta Villaverde, e do alcalde rianxeiro, Julián Bustelo.

Rueda apuntou que moitos territorios “están competindo por ter este tipo de actividades e por ser hubs de acuicultura”. Do mesmo xeito, subliñou que estas iniciativas son “industrias do futuro” e contribúen á soberanía alimentaria. Ademais, apostou por “estes novos enfoques da riqueza que dá o mar” sen descartar “o que facemos tradicionalmente e facemos mellor que ninguén”.

Na súa intervención, Rueda puxo en valor o compromiso con Galicia de Stolt Sea Farm e agradeceu que a compañía sexa “unha parte máis desa Galicia Calidade que exportamos por todas partes”.

A comunidade é unha potencia mundial en acuicultura, cun sector sólido e diversificado que agrupa máis de 2.500 empresas, dá traballo a 4.500 persoas e xera unha facturación superior aos 247 millóns de euros anuais. A comunidade é a principal produtora da UE de rodaballo de acuicultura e líder nacional en linguado, contando cun clúster acuícola recoñecido internacionalmente pola súa capacidade de innovación, xeración de valor engadido e creación de emprego cualificado.

Stolt Sea Farm, líder en acuicultura terrestre de rodaballo e linguado, dispón de sete granxas en Galicia, incluíndo a de Cervo, a maior do mundo. A nova planta de Rianxo supón un investimento próximo aos 45 millóns de euros e a creación prevista de 173 postos de traballo directos.  

A Xunta considera a acuicultura un sector estratéxico e nos últimos meses, aprobou axudas por valor de case 60 millóns de euros. Ademais, xa se declararon 18 proxectos industriais como estratéxicos, dous deles aprobados, entre os que se inclúe o de Stolt Sea Farm.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira do Mar, Marta Villaverde, participa no acto de colocación da primeira pedra da nova planta de Stolt Sea Farm no Parque Empresarial de Rianxo, 23/10/25.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...