Sábado 4, chega unha fronte fría pouco activa con choivas febles e baixada das temperaturas

03 Outubro 2025

O tempo deste sábado 4, San Francisco de Asís, estará marcado polo paso dunha fronte fría pouco activa que atravesará o territorio nas horas centrais da xornada. A mañá comezará con ceos cubertos e presenza de nubes baixas, mentres que ao longo do día se rexistrarán precipitacións febles e dispersas, que tenderán a desaparecer ao final da tarde.

As temperaturas mínimas manteranse estables, pero as máximas experimentarán un moderado descenso respecto a xornadas anteriores( 19-20 graos). Polo que respecta ao vento, comezará soprando frouxo do sur e, tras o paso da fronte, rolará a nordés con intensidade moderada durante a tarde. O domingo 5, teremos ceos pouco nubrados ou despexados en xeral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...