Sábado 18, fin do tempo seco chega a choiva cara á noite

17 Outubro 2025

Galicia vivirá este sábado, San Lucas, unha xornada de transición meteorolóxica, marcada polo achegamento dunha fronte polo oeste tras a retirada das altas presións o que deixará chuvias na noite do sábado o domingo.

A primeira metade do día presentarase con ceos moi abertos e intervalos de nubes altas, pero co avance da tarde prevese un aumento progresivo da nubosidade de tipo medio e alto. Xa pola noite, a fronte fará toque de terra polo litoral occidental, deixando as primeiras precipitacións, que se irán xeneralizando durante as horas seguintes.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos, aínda que se agardan lixeiros ascensos das máximas nas comarcas do litoral norte.

O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, pero irá gañando intensidade coa chegada da fronte, especialmente nas zonas costeiras.

O domingo será unha xornada con choiva intensa todo o día e baixa da temperatura.

O noco mar; Vento do sueste á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 4 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.