Rois organiza unha nova Convivencia de Mulleres con destino a Asturias

30 Outubro 2025


O departamento de Servizos Sociais do Concello de Rois organiza, un ano máis, e coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro), unha nova edición da Convivencia de Mulleres, que nesta ocasión terá como destino a comunidade veciña de Asturias.

A viaxe celebrarase durante a fin de semana do 22 e 23 de novembro e ten como obxectivo fomentar a convivencia, o intercambio de experiencias e a reflexión conxunta entre as mulleres do municipio. Trátase dunha proposta educativa e de lecer que busca favorecer a relación interxeracional, o encontro e o diálogo sobre cuestións que afectan á vida persoal, familiar e social das mulleres de Rois.

A actividade está dirixida a todas as mulleres maiores de idade empadroadas no municipio, coa intención de facilitar a participación tanto de pensionistas como de mulleres traballadoras ou estudantes, promovendo un espazo de encontro entre distintas xeracións.

O custo da convivencia é de 100 euros por persoa, que deberán ingresarse na conta do Concello en Abanca (ES64 2080 0328 9631 1000 0060). As interesadas poderán inscribirse entre o 6 e o 13 de novembro, achegando o DNI e o xustificante do pagamento no departamento municipal de Servizos Sociais, que atende ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas (agás mércores).

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, polo que o Concello recomenda realizar o trámite canto antes.

O Concello de Rois anima a todas as veciñas a participar nesta iniciativa e reafirma o seu compromiso coa igualdade de xénero e o benestar das mulleres, promovendo espazos de convivencia e participación activa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.